top of page
Borja Calvar

Cangués licenciado en Interpretación Textual pola ESAD Galicia (2013). Nese mesmo ano crea a compañía MOITO MORRO Teatro, representando obras como “A Bonequiña” (premio M² do público a Mellor Espectáculo, 2018).

Continúa a súa formación en Barcelona e Galicia con diferentes profesionais, á par que intervén en series de televisión como “Serramoura” ou “Os Bolechas”, dándolle vida á personaxe de Loli na serie infantil da TVG.

A longo destes anos, actúa en diferentes montaxes teatrais de sala e de rúa, amosando, nestes últimos, outras habilidades artísticas como zancudo, bailarín ou escupe lume. 

Actualmente forma parte do elenco de “Hexagonum”, un pasarrúas teatralizado de gran formato.

  • Instagram
  • Facebook
bottom of page